A mellora da accesibilidade en edificios existentes é un dos servizos con maior demanda en comunidades de propietarios.
O noso estudio dirixe proxectos integrais de instalación de ascensores e eliminación de barreiras dende o estudo de viabilidade previo ata a entrega final.
Xestionamos tamén as axudas autonómicas e estatais dispoñibles.
Diagnóstico inicial
Estudo de viabilidade da instalación: ocos, reforzos estruturais necesarios e normativa aplicable.
Anteproxecto
Proposta de solución con simulacións de espazo e análise económico de retornos.
Proxecto técnico
Proxecto Básico e de Execución con detalles construtivos.
Tramitación e obra
Tramitación de licenza e axudas. Dirección de obra. Liquidación final.
- Estudo de viabilidade previo gratuíto.
- Proxecto Básico e de Execución de ascensor.
- Rehabilitación do núcleo vertical de comunicacións.
- Tramitación de axudas autonómicas e estatais.
- Dirección de obra integral.
Que axudas existen para instalar un ascensor?
A Xunta de Galicia e o Ministerio contan con liñas específicas para mellora de accesibilidade en edificios residenciais, con cobertura entre o 50% e o 80% do custo.
É viable instalar un ascensor nun edificio sen oco previo?
Na maioría de casos si. Facemos sempre un estudo de viabilidade previo gratuíto.
Necesítase unanimidade da comunidade?
Non. A Lei de Propiedade Horizontal permite aprobar a instalación de ascensor con maioría simple cando reside no edificio unha persoa maior de 70 anos ou con discapacidade.
Canto tarda o proceso completo?
Desde o proxecto ata a posta en marcha, entre 8 e 14 meses.
E se o edificio está protexido ou en casco histórico?
Pódese actuar sempre, adaptando a solución ás esixencias patrimoniais.
¿Queres que estudemos o teu caso?
Cóntanos brevemente o teu proxecto e respondémosche en menos de 48 horas cunha proposta inicial sen compromiso.
Solicitar orzamento sen compromiso