MENU

Edificación de Nova Planta

Vivenda unifamiliar, vivenda colectiva e obra civil. Proxecto integral desde o anteproxecto ata a entrega de chaves.

O servizo

Proxectos integrais de edificación de nova planta en tres escalas: vivenda unifamiliar, vivenda colectiva para promotores e comunidades, e obra civil.

A nosa metodoloxía parte dun anteproxecto ben fundamentado: viabilidade económica, encaixe urbanístico e orientación bioclimática.

A partir de aí coordinamos toda a cadea ata a entrega de chaves.

Como traballamos
01

Anteproxecto

Estudo da encarga, encaixe urbanístico, viabilidade económica e orientación bioclimática.

02

Proxecto Básico

Definición arquitectónica completa e documentación para solicitude de licenza.

03

Proxecto de Execución

Detalles construtivos, cálculo de estrutura e instalacións.

04

Dirección e entrega

Dirección de obra integrada con seguimento de prazos e calidades.

Casos de estudo

Proxectos reais do estudio relacionados con este servizo.

Que inclúe o noso servizo
  • Anteproxecto e estudo de viabilidade económica.
  • Proxecto Básico e de Execución completo.
  • Cálculo estrutural e de instalacións.
  • Certificación enerxética e opción Passivhaus.
  • Dirección de obra integral + project management.
Preguntas frecuentes
Traballades só vivenda unifamiliar ou tamén colectiva e obra civil?

As tres escalas.

Canto custa un proxecto de nova planta?

Depende da superficie, complexidade e escala. En vivenda unifamiliar 150 m² oscila entre 7-10% do PEM.

Canto se tarda desde a encarga ata ter chaves?

Unifamiliar: 18-28 meses. Colectiva: 27-42 meses.

Podo construír vivenda en chan rústico?

En Galicia é posible en núcleos rurais e, con limitacións, en chan rústico común.

Deseñades edificios pasivos ou de consumo case nulo?

Si. O noso estándar inclúe análise enerxética desde o anteproxecto.

¿Queres que estudemos o teu caso?

Cóntanos brevemente o teu proxecto e respondémosche en menos de 48 horas cunha proposta inicial sen compromiso.

Solicitar orzamento sen compromiso