MENU

Apertura de Negocio

Memorias de Actividade e Proxectos Técnicos para apertura: hostalería, comercio, vivenda turística, servizos.

O servizo

Para abrir calquera negocio novo necesítase xustificar tecnicamente que o local cumpre toda a normativa de actividade, seguridade e accesibilidade.

Redactamos tanto Memorias de Actividade (para actividades inocuas) como Proxectos Técnicos para Apertura (hostalería, talleres e outras actividades clasificadas).

Xestionamos tamén legalizacións de locais que levan tempo en precario.

Como traballamos
01

Visita e toma de datos

Visita ao local, levantamento de planos do estado actual e comprobación de instalacións existentes.

02

Clasificación de actividade

Determinamos que tipo de tramitación corresponde segundo a actividade.

03

Redacción técnica

Memoria ou proxecto técnico con xustificacións de cumprimento normativo.

04

Tramitación

Presentación ante o Concello e seguimento ata a obtención de licenza.

Que inclúe o noso servizo
  • Memoria de Actividade para actividades inocuas.
  • Proxecto Técnico para Apertura de actividades clasificadas.
  • Xustificación CTE-DBSI e DBSUA.
  • Legalización de actividades existentes en precario.
  • Cambio de titularidade e modificacións.
Preguntas frecuentes
Que diferenza hai entre Memoria de Actividade e Proxecto Técnico para Apertura?

A Memoria de Actividade é para actividades inocuas (oficinas, comercio menor). O Proxecto Técnico para Apertura é para actividades clasificadas (hostalería, talleres) e require licenza.

Canto tarda obter a licenza?

A comunicación previa é inmediata. A licenza de apertura para actividades clasificadas adoita tardar 2-4 meses.

Necesito facer obras antes de abrir?

Depende do local. Se as obras son menores, non requiren proxecto.

Cubrides a legalización de actividades sen licenza?

Si. Redactamos memorias de legalización para regularizar actividades existentes sen licenza.

Serve a mesma memoria se cambia o titular do local?

Non, pero a comunicación de cambio de titularidade é un trámite moito máis sinxelo.

¿Queres que estudemos o teu caso?

Cóntanos brevemente o teu proxecto e respondémosche en menos de 48 horas cunha proposta inicial sen compromiso.

Solicitar orzamento sen compromiso